
martes, 20 de marzo de 2007
DOLCE&GABBANA

lunes, 19 de marzo de 2007
LINGUAXE NON SEXISTA

Pero no meu camiñar estou a atopar algúns "ultras" que ven sexismo ata nos máis recóndidos currunchos da linguaxe do día a día.
E mentres eu me auto-rifaba por ser tan "convencional" por deixarme embaucar por unha linguaxe tradicionalmente masculina, decateime dun pequeno detalle no que aínda non reparara: sendo todas mulleres (a escepción do relator) este apostaba por cambiar home por persoa mentres se refería a nós en masculino plural.
viernes, 16 de marzo de 2007
AS SUPER-MULLERES

Todas temos estudos superiores, postos de maior ou menor satisfacción psicolóxica ou económica e unha pía de pratos que lavar, unha cama que facer ou unha lavadora que tender ao chegar a casa. Algunhas, incluso son nais solteiras funcionais.
Ao final da conversa terminamos ríndonos todas e marchamos satisfeitas de ter un traballo "remunerado" que nos permita pagar as consumicións destes bos ratos. Algunhas estudamos. Intentamos mellorar a cada momento, facer mellor o noso traballo, aínda que cando nos medimos con outras persoas menos cualificadas (e non só me refiro aos homes) saïamos perdendo.
E chegamos á casa co sabor dóce na boca de seren PERSOAS aínda que nada máis abrir a porta teñamos que recoller unha toalla no chan ou cambiar o rolo de papel hixiénico (e podemos felicitarnos se todo queda aquí)
Pero hainas que traballan horas e horas e ao chegar a casa teñen que demostrar que non son malas (nais, fillas, esposas).
E esas, mentres o seu entorno llo permita seguirán sendo as SUPER-MULLERES das que falo.
jueves, 15 de marzo de 2007
O DÍA D

O outro día cheguei a un salón completamente baldeiro, nun día de homenaxe que só serve para lembrarnos que todavía non hai nada que celebrar. Estaba practicamente soa e só podía pensar onde se meteran esas deceas de persoas que segundo antes enchían o edificio.
Despois da miña primeira desilusión, rodeada de espazo baleiro non tardou en chegar outra... Como lle imos a amosar ao mundo que somos persoas tan capaces como calquera, tan traballadoras como os que máis e tan válidas como os mellores, se nin sequera somos sinceiras con nós? A falta de seriedade das "expertas" que se usan como bandeira no día da muller, só contribúen a creación de falsos estereotipos. Dubido moito que algún home se tivera presentado como conferenciante con tan pouca preparación (e vergonza) dun discurso. Cren que todo vale?
