
Ás veces, de bromas coas amigas, facemos referencia a estupidez supina das mulleres por querer traballar fóra de casa, uníndolle ás interminables xornadas do traballo "remunerado" amalgamas de traballo no fogar. (E non me refiro a esas amalgamas da xornada masculina de rematar informes, ou mandar correos que quedaron no peto).
Todas temos estudos superiores, postos de maior ou menor satisfacción psicolóxica ou económica e unha pía de pratos que lavar, unha cama que facer ou unha lavadora que tender ao chegar a casa. Algunhas, incluso son nais solteiras funcionais.
Ao final da conversa terminamos ríndonos todas e marchamos satisfeitas de ter un traballo "remunerado" que nos permita pagar as consumicións destes bos ratos. Algunhas estudamos. Intentamos mellorar a cada momento, facer mellor o noso traballo, aínda que cando nos medimos con outras persoas menos cualificadas (e non só me refiro aos homes) saïamos perdendo.
E chegamos á casa co sabor dóce na boca de seren PERSOAS aínda que nada máis abrir a porta teñamos que recoller unha toalla no chan ou cambiar o rolo de papel hixiénico (e podemos felicitarnos se todo queda aquí)
Pero hainas que traballan horas e horas e ao chegar a casa teñen que demostrar que non son malas (nais, fillas, esposas).
E esas, mentres o seu entorno llo permita seguirán sendo as SUPER-MULLERES das que falo.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario