
E con un pouco de retraso, vou facer mención ao que está en boca de todos. O anuncio de Dolce&Gabbana que foi prohibido e que ocasionou a retirada de (case) toda a publicidade dos modistos do noso país.
O anuncio, suxerente de máis, resposta un pouco a estética da publicidade italiana: unha grande carga sexual salpicada con toques de machismo.
Despois de miralo atentamente non deixo de pensar nos límites que deberían imporlle aos creativos á hora de presentar campañas que darán a volta ao mundo. E sobre todo cando se presenta violencia (neste caso sexual) de forma gratuita para vender moda?
Supoño que cada un ten a súa propia idea deste anuncio, aínda que todos teñamos unha percepción parecida da iconografía que presenta, ou iso pensaba.....
O outro día escoitei a opinión dunha señora, cecais demasiado senil ou poida que corda de máis, con respecto a este anuncio. Dicía que non entendía o follón que se armara entorno a este, porque a ela lle pasara unha vez algo similar (si, este é o momento en que todos os nosos ollos saliron das súas concas).
A muller contaba xesticulando enormemente que a ela lle pasara igual. Que un día, indo a misa, caera e un señor tivéraa que coller, como á muller do auncio, polos pulsos con forza mentres todos miraba (obviamente todos bosquexamos un medio sorriso). E ela alumbraba con aínda máis detalles a súa caída: que ía por un barrio empinado de Santiago, que estaba xeado o chan, que ela levaba zapatos que esbaraban porque ía a misa... Un cúmulo de circunstancias que acabou con ela no chan, preto da igrexa, e un amabilísimo home colléraa con forza para levantala, mentres outros miraban.
E seguía e seguía mentres as nosas bocas amosaban un amplo sorriso...
E que terá de malo ese anuncio cando a min me pasou o mesmo?
1 comentario:
POis é verdade, todo depende da óptica con que se mire...pero porque ninguén di nada da publicidade non feminista senón femino-machista...e caer no mesmo, porque chistes sobre o inútil que é un home,ou retiralo como un electrodoméstico vello, para reivindicar a dignidade da muller hai que caer nos mesmos vicios a denunciar?
Publicar un comentario