lunes, 19 de marzo de 2007

LINGUAXE NON SEXISTA


Ultimamente estou inmersa nunha morea de libros sobre muller e linguaxe que me están a convertir na ul-tra-de-fen-so-ra da correción lingüística.
Pero no meu camiñar estou a atopar algúns "ultras" que ven sexismo ata nos máis recóndidos currunchos da linguaxe do día a día.

E así, escoitei tirar polo chan expresións que temos tan interiorizadas como "instituto do neno" (instituto da infancia) "declaración dos dereitos do home" ou "do cidadán" (por dereitos da persoa ou do cidadán e cidadá)etc. etc.
E mentres eu me auto-rifaba por ser tan "convencional" por deixarme embaucar por unha linguaxe tradicionalmente masculina, decateime dun pequeno detalle no que aínda non reparara: sendo todas mulleres (a escepción do relator) este apostaba por cambiar home por persoa mentres se refería a nós en masculino plural.

A situación fíxose tan insostible que eu, alzando a miña tímida voceciña, correxinlle:

-Cando teñades un texto para corrixir, sede todos moi coidadosos con termos masculinos que agrupen masculino e feminino. A pesar de que todos sabedes que son formas correctas, son máis adecuadas, políticamente correctas aquelas que todos podades considerar neutras. Porque como todos.(...)

-Todas

- Como????

-Si todas. Somos todas mulleres e estás dirixíndote a nós deseguido en masculino.



Ai! Esa linguaxe non sexista está a acadar cotas tan altas de abstracción e complexidade, que a veces esquecemos que cando nun grupo hai mulleres o único posible (xa non falo de máis correcto) é o feminino.