jueves, 15 de marzo de 2007

O DÍA D

(submerxida na resaca dos actos do día da muller traballadora)


O outro día cheguei a un salón completamente baldeiro, nun día de homenaxe que só serve para lembrarnos que todavía non hai nada que celebrar. Estaba practicamente soa e só podía pensar onde se meteran esas deceas de persoas que segundo antes enchían o edificio.



Será que agora só se moven por créditos?


Despois da miña primeira desilusión, rodeada de espazo baleiro non tardou en chegar outra... Como lle imos a amosar ao mundo que somos persoas tan capaces como calquera, tan traballadoras como os que máis e tan válidas como os mellores, se nin sequera somos sinceiras con nós? A falta de seriedade das "expertas" que se usan como bandeira no día da muller, só contribúen a creación de falsos estereotipos. Dubido moito que algún home se tivera presentado como conferenciante con tan pouca preparación (e vergonza) dun discurso. Cren que todo vale?



Títulos, afirmacións gratuítas e unha terrible falta de saber estar (ademais dun mitin encuberto) son os resultados dos actos do 8 de marzo de 2007. Espero que cambien estas actitudes e que as mulleres sexamos valoradas, pero antes que polos homes por nós mesmas.




Temos todo un ano para pórlle remedio a isto!

No hay comentarios.: