
Fai uns días Roi Buligan deixou un comentario moi interesante sobre unha tendencia actual da publicidade que el denominou "femino-machista". A verdade é que o termo está ben escollido porque mentres o lía lembrei un anuncio que ilustra perfectamente este tipo de publicidade:
O spot en cuestión era de Saimaza, no que se publicitaba un novo embalaxe cun peche máis doado de manipular. Nel aparecía un home recitando a táboa de multiplicar do un, mentres se preparaba un cafeciño. O eslogan rezaba: "Felicidades chicos, agora podedes facer dúas cousas á vez". Este anuncio, dende un punto de vista cómico, explota un dos estereotipos masculinos máis extendidos: o de que o home non pode facer dúas cousas á vez. A analisise textual e icónica de dito anuncio aínda ten máis "chicha": a táboa é a do un e o paquete ten abrefácil.
En moitas ocasións a comicidade réstalle machismo ou femismo á linguaxe publicitaria, e mesmo a ironía é usada polos creativos e anunciantes para "colar goles" que doutro xeito serían imposibles. Un bo exemplo do uso dos estereotipos de xénero de xeito irónico é a campaña de Línea directa sobre quen conduce mellor: eles intentan aparcar nun sitio pequeno, elas non distinguen entre dereita e esquerda.
Pero sen dúbida algunha, a marca que máis se beneficia co uso cómico de estereotipos é AXE. Case tódolos anuncios de AXE teñen unha carga sexual explicitada e usan á muller como obxecto, sempre movidas polos designios do macho adecuadamente desodorizado. E sen embargo, soen gustar, e por machistas que sexan non se retiran dos medios.
Por outro lado están os anuncios dos que fixo referencia Roi, que están perfectamente estudados e pensados para non "ferir sensibilidades", como é o caso dos electrodomésticos Siemens. Aínda que non o pareza está todo máis que atado, o que lle quita frescura ao resultado e fai pensar nun posible "femino-machismo". As asociacións feministas vixían con lupas a publicidade, o que obriga aos creativos a que espreiten calquera atisbo dun posible machismo:
Na campaña de Siemens o que pon a lavadora ou cociña é un home (buscan alonxar a muller de tarefas tipicamente femininas); a que decide que o fixo mal é ela, sen embargo o que da a voz de alarma para que executen a pena é un home e finalmente son tamén homes os que botan aos suxeitos da casa (a muller non podía pasar de víctima a verdugo en tan pouco tempo).
A verdade é que son anuncios demasiado complexos, na busca do beneplácito das asociacións de consumidoras, e con pouco que ver coa realidade.
Outro exemplo deste tipo de anuncios é a campaña da Caja Roja de Nestlé chamada "Felipe" que xoga con estereotipos masculinos de todo tipo, mentres unhas mozas actuais comparten bombóns e confidencias. O spot culme desta campaña é no que celebran entre todas que o marido/mozo/parella dunha delas aprendeu a pór a lavadora. Feminista, non? Pois non; fagamos unha lectura: o home de trinta e tantas primaveras acaba de aprender a pór a lavadora entón, é que antes só o facía ela?! Que é o que hai que celebrar desta situación?! Mentres, as mulleres, mozas de clase media-alta comen bombóns en tribu mentres cotillean....
Non cómpren máis comentarios para evindenciar que os roles tremendamente tradicionais tratan con comicidade unha situación máis próxima ao machismo (enfocado dende o punto de vista das mulleres) que o FEMINO-MACHISMO.
2 comentarios:
Ola,de novo, a verdade é que foi un comentario rápido sen profundizar pero é verdade que por exemplo AXE xoga cun lenguaxe paródico no que individuos miñaxoias se convirten en depredadores sexuais e por ese ton irónico pasa o filtro dunha publicidade máis sexista do que aparenta. E lembrando Siemens, a muller tiña a decisión final, non amañar "he dicho cambiar" dun xeito que eu si poñeria como "verdugo" do home inútil pero fixate como o seu rol estaba moi masculinizado como se a femineidade non puidera ser dura, implacable...a publicidade precisa máis creativos mulleres definitivamente, hehe, bicos
Segundo teño entendido, nas grandes empresas de publicidade teñen dous grupos de creativos separados por sexos (non entro na diferenza de sexo e xénero). Fanlle os mesmos encargos, e o cliente decide un resultado ou outro. Din tamén que xeralmente os homes soen percatarse antes dos xiros machistas.
Pero si é certo que no anuncio da lavadora a que executa á orde é unha muller. Non lembraba. A pesar de que esa muller é extremadamente agresiva.
Publicar un comentario en la entrada