
Unha pequena reflexión do novo anuncio de Línea Directa seguros, ás nove da mañá dun martes e sen ver a outra parte implicada.
A verdade é que a campaña que está a levar é moi boa, pero eu xa lle topei o defecto... Si, é verdade que algúns dos agasallos que mencionan teñen que ver cos "típical femininos" pero, a quen intentan engañar ensinando a camisa ou chaqueta do chándal tan horrenda?
Somentes podo atopar tres posibles orixes femininos desa prenda
- O tipo está con algunha das mulleres de Paixón de Gaviláns
- A súa muller quere facelo un "macho", ou sexa convertilo nun galán de Paixón de Gaviláns (aínda que indefectiblemente só se poda convertir en paixón de ghavotas)
- E a terceira, que sexa un agasallo da nai que mercou nos "early 90´s" para darllo como premio ao bo comportamento. :-D
No hay comentarios.:
Publicar un comentario