
Ou iso é o que parecen proclamar cada un dos anuncios publicitarios, cada portada de revista "feminina", cada escaparate de farmacia e cada pantalón de proporcións imposibles.
Resulta complexo poder sobrevivir ao ataque de corpos perfectos e os máis de mil e un bebedizos e aparellos para conseguir esa "perfección". Poucas saimos invictas, un e outro verán, do ballón de mentiras na busca desa muller irreal, imposible, que non ten cintura, non ten cadrís, e cuxos peitos poderían romper co seu peso a fráxil estrutura ósea dun corpo desestruturado.
A publicidade tenta esculpir unha beldade irreal, e co seu cicel non repara en rachar a pedra por donde sexa preciso, aínda que con iso fenda a vida dunha composición case cósmica. Un ventre perfectamente deseñado convértese nun ventre de deseño: liso, anguloso e imposible...
Os anuncios tentan achegar un elemento de distición dun pequeno grupo, a unha gran masa colmando as súas espectativas de asimilación. Por suposto, "estes poucos" definiranse con atributos que rocen a exclusividade, para afondar na distinción e superioridade. Canto máis e máis próximos estean os "especiais" e "os do montón", máis necesidade terán os primeiros de mudar os hábitos en busca da diferenza. E a "beleza de moda" entra dentro destes intentos.
Palideces casi mortais cando o campo curtía os corpos, bronceados de mar e praia cando os vidros das fatorías non permitían apenas o paso da luz, corpos lustrosos e repoludos en épocas de fame e recesión, e corpos casi transparentes cando unha hamburguesa pode por menos de 3€ suplir calóricamente dúas das tres comidas diarias.... Que será o seguinte agora que as intervencións estéticas están democratizadas?
No hay comentarios.:
Publicar un comentario