jueves, 26 de julio de 2007

SOBR-AN-CEIOS


O Marabilloso mundo da publicidade, sempre creando, sempre imaxinando, sempre buscando novas formas de comunicar, de ser espectaculares de CREAR.... e sempre caendo nos mesmos vicios, nas mesmas nefastas copias, no engano máis zafio e máis asqueroso.

Unha cousa que dende sempre me abraiou da publicidade é a capacidade de vendernos ao resto dos mortais as marabillas dun produto en modelos que non o precisan. As cremas antienvellecemento en facianas case adolescentes, os adelgazantes en corpos perfectos, e os rímeis en longas e frondosas pestanas.

Onte publicábase un segredo a voces: A marca L´Oreal usou unhas pestanas falsas para anunciar un rímel. Ata aquí parece existir a intención de engano mítico dos vendedores de sempre pero cunha guinda: escoller a Penélope Cruz. A actriz, incipiente lider mundial de opinión, con pequenas e sinxelas pestanas vende un marabilloso produto que lle da un espectacular volume.

Todas coñecemos o antes.... e o despois nos deixa completamente marabilladas (xa todas podemos ter uns ollos ao Audrey Herpburn).

Pero é mentira. Xogar cos famosos ten dobre fío. Venden porque son famosos, e precisamente todos coñecemos o seu pasado porque o son....

No hay comentarios.: