viernes, 10 de agosto de 2007

CIAO GUAPA!

La página de David Cantero

Onte a noite o presentador da segunda edición do Telediario da Primeira , David Cantero, despedía con estas asombrosas verbas o informativo.
Ciao guapa!

O atractivo presentador de informativos coidaba non estar xa en directo?
Foi embargado pola emoción ante a cordial despedida e peche da súa partenaire?

Solo el o sabe.

O caso é que eu na casa, tirada no sofá puiden escoitar claramente "Ciao guapa".
Escoitei mal, seguro, pero instantáneamente corroboraron a miña percepción.

Unha despedida, cecáis demasiado fresca para un espazo informativo....
Unha expresión espontánea en demasía, que se lle escapou dos beizos algo antes da desconexión...

Excesiva familiaridade?

1 comentario:

Roi Buligan dijo...

Pois si, unha cousa é calidez e cercania na televisión e outra é excesiva campechanía e vulgaridade no contexto que require uns informativos serios e dignos. Calqueran día diran en antena; bueno tía, tomamos unha caña abaixo non?